Mary

Por casualidade no mesmo día topei de novo con elas. A persoa, Mary Ellen Richmond, nada no 1861,foi unha das pioneiras do traballo social. Converteu esta labor nunha obra formal, creando técnicas, sistemas, contidos e teorías dirixidas hacia a formación dunha disciplina. Feminista sufraxista reivindicaba a democracia, a participación igualitaria e a prohibición do traballo infantil. Ata o 30 deste mes a facultade de traballo social de Ourense ten unha exposición da súa vida e traxectoria profesional.
A persoaxe, Mary da canción do grupo vallisoletano “Un Día de Furia”.Vítima continúa de malos tratos do seu home,ao que acaba matando co seu conseguinte ingreso en prisión.
Dúas mulleres-cara e cruz-que sufriron e se rebelaron cada unha dende as súas circunstancias e capacidades contra un sistema autoritario e patriarcal.
No 2018 na realidade diaria seguimos con moitas Mary loitando a ambos lados. 

Mary

Te puede interesar