Iceberg

Una conduta de alto risco que os expertos sitúan con punto de partida en pequenos concellos de Lugo, hai un tempo que chegou a vilas da costa.
Baixo pretexto de control da calidade e da cantidade, algúns proxenitores compran bebidas alcólicas para elaborar e dar o botellón feito aos seus fillos e fillas menores.
Da permisividade pasamos á invitación da rotura de límites por parte dos adultos educadores. Por  rebeldía xuvenil, é probable que unha porcentaxe dese grupo continue ou queira superar novas fronteiras con outras sustancias.
Na casa, nas administracións públicas, nos centros educativos, nos puntos de venda (toldos das festas incluidos), na cidadanía en xeral debemos ter clara a nosa posición, estar alerta e actuar preventivamente. Para non caer logo na trampa fácil de ser verdugos escandalizados por sucesos como o do colexio Nicolás del Río. So a punta dun inmenso e silencioso iceberg.

 

Iceberg

Te puede interesar