Debate

Están preparadas as familias para formar nenos e nenas responsables capaces de identificar riscos e evitar danos ante posibles procesos de acoso escolar? E as Anpas, como entidades representativas e garantes de dereitos e deberes do asociacionismo familiar, contan coa información, asesoramento e recursos para proporcionar pautas de protección tanto no entorno físico da escola como no dixital?
Coñecen ambos os protocolos e estratexias de prevención e actuación nos casos de violencia contra os menores? Algunha autoridade pública e/ou educativa se preocupou do seu acceso a eses documentos? Son as familias e as Anpas que os representan meros actores secundarios ata que é efectiva unha confrontación? Queren selo?
A estas e outras cuestións intentarán dar resposta expertos, docentes, familias e rapaces este vindeiro mércores na sede do centro de formación e recursos para o profesorado de Ferrol.

Debate

Te puede interesar