Ausencia

no pasado novembro editouse unha guía de boas prácticas para a toma de declaración de vítimas de violencia de xénero elaborada por un grupo de expertas e expertos do consello xeral do poder xudicial. Nela non se contempla a presenza do Traballo Social aínda que si se describen competencias propias da profesión no apartado de información ás vítimas:
1-Dos seus dereitos para pedir unha orde de protección,orde de alonxamento, unha prohibición de comunicación, medidas civís e en que consisten.2-Da pulseira electrónica de localización, dar o seu enderezo e correo para notificacións de resolucións.3-Axudas sociais, atención psicolóxica, asistencia letrada gratuita, dereitos económicos, protección na orde laboral, atención aos menores.
Cada día de ausencia do Traballo Social  no ámbito da violencia de xénero e da xustiza ten repercusións moi negativas para o exercicio dos dereitos das mulleres.

Ausencia

Te puede interesar