Alarma

Os datos sobre as situacións de violencia que vive a infancia son moi preocupantes. En 2016 rexistraronse 37495 denuncias por delitos violentos contra nenos.Entre 2012/16 finaron máis de 100 rapaces por casusas violentas. A violencia afecta especialmente ás nenas que foron vítimas nun 67,66 por cento dos casos de violencia familiar. O 48 por cento dos menores perciben a escola como un espazo inseguro,onde están expostos a sufrir malos tratos, abusos físicos e emocionais.
Esta cruda realidade activou que a Alianza para erradicar a violencia contra a infancia reclamara a aprobación dunha lei orgánica para protexer a nenos e nenas antes do final da lexislatura.
Na súa petición ante a Ministra de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade incluen unha serie de recomendacións para incorporar a dita lei. Urxe invetir en sensibilización, prevención,programas específicos na escola e na coordinación dos servizos sociais.

Alarma

Te puede interesar