Vexo que aínda hai cordura neste pobo

Soprendido quedei de que a cordura, contra todo o esperado inicialmente, e tal e como deixaba caer no meu último artigo, se achegará por unha vez á maioría dos munícipes. E aínda que comprendo ben que haxa partidos que non defendan a participación privada en empresas ou actividades municipais, tamén penso que hai situacións nas que non se trata de afondar na ferida senón que demandan solucións que non acaden por ser máis prexudiciais do que xa son. No quero nin imaxinar o que sería para un concello como o de Ferrol que se vira obrigado a asumir o desastre económico –en gran parte derivado da mala xestión política dos cáseque últimos tres anos– que suporía incrementar a débeda das arcas públicas. A pesar do desbloqueo da situación de Emafesa, vexo sen embargo máis cáscara que noeces e máis cascarilla que café.

Vexo que aínda hai cordura neste pobo

Te puede interesar