Vender armas

alporizada anda a xente por esta cuestión de que España está a vender armas a países que non respectan os dereitos humáns e que mesmo asasinan a disidentes e teñen agochadas ás mulleres como se foran unha caste a repudiar salvo para o que lles interesa. O digo polo tema de Arabia Saudita, claro, e polo escándalo do xornalista asasinado en Turquía, que parece que ten movido as conciencias dalgúns países á hora de comerciar coa morte, como se non souperan desde hai moito que un país ditatorial o é pola forza das armas e non polo da razón. O cinismo clama ao ceo, pero coa política e a cousa e os intereses públicos temos topado. Lembro, por exemplo, que España foi un dos países que máis minas persoais ten vendido ó resto do mundo, esas minas que aínda hoxe están espalladas polos campeiros de antigas zonas de loita e morte e que seguen a producir vítimas, tanto mortos como amputados, aínda hoxe en día. O diñeiro manda e tanto ten o que pensemos sobre a quen mata.

Vender armas

Te puede interesar