Sachos en Navantia

Deben de estar ben quentes os ánimos en Navantia co feito de que unha enxeñeira agrónoma presida a compañía, sobre todo tendo en conta que un enxeñeiro naval, coñecedor como poucos da realidade dos estaleiros públicos como é o caso do mugardés Esteban García Vilsasánchez xa non teña esta responsabilidade e, tamén, que tan pouco tempo tivera de exercela. 
Non digo eu que a señora Sarriá non sexa capaz de enfiar o presente e futuro de Navantia, pero máis confianza lle tiña a alguén que de verdade coñecía o percal que unha enxeñeira que o ten todo por aprender. En algo estarán dacordo conmigo algúns neste punto, aínda que nos doa que por estas terras da empresa pública xa non campen os que saben de barcos, mercados navais e realidades sociais. Non sei se comprenderán o xogo de palabras, pero coido que pouco ter que ver un sacho coa soldadura e a tecnoloxía naval. Non pretendo restarlle méritos á nova presidenta, pero ben é certo que a política manda.

Sachos en Navantia

Te puede interesar