Praza de Armas, máis dunha década despois

Atan traída e levada cuestión da reforma da Praza de Armas, que polo que parece lonxe está de contentar a todo o mundo, traeme o recordo de que do proxecto xa se leva falando máis dunha década e, se a memoria non me falla, que estivo en gran parte no meollo do conflito entre os daquela socios do goberno municipal do socialista Vicente Irisarri que acabou co pacto coa Esquerda Unida de Yolanda Díaz. O que chama a atención, independentemente de que a uns lles guste e a outros non, de que uns se vexan afectados e outros síntanse contentos, é o longo espazo de tempo que nesta cidade se necesita para que as cousas se fagan –ou deixen de facerse–. E é que se miramos un pouco aos dous lados da rúa polos que cada quen circula según o seu gusto, tal vez teñamos a resposta de por que Ferrol non avanza e, polo contrario, parece detido no tempo. Meu Deus...!

Praza de Armas, máis dunha década despois

Te puede interesar