Por favor, señor alcalde

Xa sabemos que gobernar en minoría, como lle está a suceder ao goberno municipal de Ferrol non dá gusto ningún, sobor de todo porque quen o exerce o poder sabe –ou debería saber?– que case que ningunha cousa sairá adiante se non ten o respaldo, aló menos, dunha parte da oposición. O feito de que o alcalde de Ferrol diga que aínda non ten borrador de orzamentos para este ano non é, precisamente, o que máis preocupa. O que si o fai é que diga que a súa presentación aos grupos municipais é “inminente”. E digoo porque non poido evitar aquela outra sentencia da que tiraba e tiraba o seu antecesor, Jorge Suárez, cada vez que se preguntaba polo mesmo. O certo é que algo máis esperaba do novo goberno municipal, aínda que xa soupera das súas limitacións, pero supoño que o que hai que ter en conta é a necesidade de poñerse a falar, agora si de xeito inminente, co resto dos partidos para non caer no ridículo, defendendo como defendeu o diálogo como eixo do seu goberno, non practicalo.

Por favor, señor alcalde

Te puede interesar