Pois vai ser que o sr. Mato non se asemella ao sr. Suárez

esto de se asemellar hai moita controversia e incertidume. E é que logo se pensa que por dicir unha frase da que outro tirou dabondo e sen reparo xa un pode creer que as cousas non mudan. Pero mira ti por onde, despois de garantir que “en breve” estaría o borrador do primeiro orzamento do novo goberno ferrolán, e anunciar, unha semana antes, que sería unha realidade “a próxima semana”, resulta que así foi. Dixoo o sr. Mato, novo alcalde de Ferrol desde hai apenas unhs meses, como o dixo tamén o sr. Suárez, o anterior alcalde, ao longo de tres anos, ata que, xa aburridos, como aquelo outro do conto de Pedro e o lobo, cando xa ningúen prestaba atención nin miraba pra el, vai e faino. Non me preocupa moito o que diga o PP ou o BNG. O primeiro, porque tendo máis concelleiros que outros, ten todo o dereito a xogar o seu papel. E o mesmo conto rixe para o BNG, que ten as súas costumes e non vai renunciar a elas. Mais si teño curiosidade polo que aportará Ferrol en Común tendo en conta que tardou tres anos en presentar uns orzamentos. De seguro que desde a oposición fará algo máis. Supoño.

Pois vai ser que o sr. Mato non se asemella ao sr. Suárez

Te puede interesar