Pensar e non malpensar

Xa sei que moitos prefiren malpensar que molestarse en pensar con calma e analizar os feitos. Por iso non me preocupa que moitos pensen o que queiran, pero é que estou un pouco farto de ler comentarios na web deste xornal nos que só se empregan termos descalificatorios, ou máis ben debería dicir que termo, xa que o normal é o insulto gratuito sen argumentación algunha. Mais tamén hai que se pregunta, e digo isto polas propostas do candidato popular á Alcaldía de Ferrol, como vai facer tantas e tantas cousas. Talvez sexa cuestión de ler toda a información, porque penso que o máis fácil e ver o título e non pararse a ver máis aló das querencias ou gustos de cada quen por iste ou outro partido. Deste xeito, seguro que moitos non dirían tantas parvadas ou, como dicimos por aquí, conachadas polo sinxelo feito de non ser o candidato do seu gusto. En fin, xa sabemos que, nisto dos gustos hai para dar e tomar, pero a mín góstame ler un chisquiño máis das noticias.

Pensar e non malpensar

Te puede interesar