Pensan os animais?

Leo hoxe no Diario o que está a acontecer, como por outra banda está a suceder tódolos anos por estas datas, cos animais de compaña. Mascotas e amos, como así se definen moitos dos propietarios que aínda cren que isto de ser o dono dun animaliño conleva que con el se pode facer de todo, mesmo abandonalo cando se trata de ir de vacacións e ver que deixalo con alguén non é tan doado, e menos ter que pagar a súa estancia nun “hotel”. Así que, como o máis fácil é deixalo tirado no monte –porque aquelo outro de tirar a pedra e esconde-la man e porque así tamén evita a multa, o cárcere e, sobre todo, que poida tornar a casa–, o máis práctico segue a ser o de pasar del. 
Eu teño unha cadela que ás veces dame a sensación de que tenta falar, aínda que cos ollos e o seu rabo xa se fai entender. Hai quen di que non teñen sentimentos. Regalouma unha amiga á que ben agradecido lle estou, sobre todo no momento en que chego á casa, porque ata deixala soa polas mañáns doéme.

Pensan os animais?

Te puede interesar