Parvos coma nós

o título, vaía por diante, non pretende ofender a ninguén, pero síntome como tal, sobor de todo nestes últimos tempos políticos, nos que teño a sensación, máis que nunca, de que o importante non é a cidadanía deste país, senón a cuota de poder e o grao de influencia que cada forza política poida exercer. Xa sei que non digo nada novo, que isto é o que está a acontecer desde que o xénero humán está sobre a Terra, pero é que penso neso do desleixo ao que uns e outros recorren cando se trata de falar, e prometer, sobor desta comarca, tan esquinada e aillada que, ás veces, teño a sensación de que é un terruño sen importancia. Desleixo é que creo que sentimos todos os que aquí vivimos desde hai moito tempo, tanto que xa non recordo cando iste sentimento asentouse tan sobradamente no coñecemento carnal e psíquico. Parvos seríamos se pensamos, por exemplo, que isto se amaña cunhas eleccións ou con determinado partido político. Pero tamén seriamos parvos se pensáramos que non hay solución e que algún día...

Parvos coma nós

Te puede interesar