Os intereses olvidados

É fácil de entender as dúas posturas que hoxe adouta tanto quen avoga pola eliminación dos símbolos franquistas como quen o fai polo feito de deixar de lado esa época e as consecuencias que conlevou para unha grande parte da poboación. Mais penso que quen argumenta que aos mortos de ámbalas dúas Españas é mellor deixalos onde están, tamén ten que recordar que mentres que os dunha parte foron lembrados de xeito oficial durante corenta anos, no lles pasou o mesmo aos demais. E, ata aquí, é comprensible que quen demanda que se recuperen os restos dos familiares dos que moitos nin tan sequera saben onde están, obteña esa satisfación interior de velos, por fin, descansar na paz que lles foi negada. Certo que na República tamén cometéronse barbaridades, pero de lembralas, de render homenaxe aos seus caídos, xa se encargaron esos 40 anos de ditadura. Ninguén está a pedir contas, pero a Historia non ten posibilidade de entenderse sen xustiza. Esquecela é o maior dos erros.

Os intereses olvidados

Te puede interesar