O tren que nos separa

on podería haber un exemplo máis paradigmático sobre a situación que vive esta comarca en materia de infraestruturas de transportes que a que se viviú días pasados cando, pouco despois de que a plataforma en defensa do tren, que realizou, con carácter reivindicativo, o traxecto entre Ferrol e A Coruña para por de relieve o tempo que leva achegar dúas cidades distantes a penas cincoenta quilómetros, que a máquina da liña en cuestión sufrira unha avaría e os pasaxeiros víranse obrigados a completar o seu viaxe en taxi. É certo que para que as cousas melloren é necesario posuir infraestruturas modernas, como a estación intermodal que a Xunta anunciou a pasada semán, pero creo non estar lonxe da obxectividade se digo tamén que de pouco o nada servirá ter bos servizos se as máquinas, os vagóns e a propria liña ferroviaria non acompañan. Tal vez sexa cousa de que Ferrol é unha estación término e que, como tal, non ten continuidade, pero hora vai sindo de comezar a casa polos cimentos.

O tren que nos separa

Te puede interesar