lunes 18.11.2019

O tempo tolea

a é máis que evidente que isto do tempo, o climatolóxico, tolea a máis de un. Pouco o nada teñen que ver os veráns de hoxe cos que vivin na miña xuventude. Agora que presumo de netos e gusto de levalos –iso si, se se portan ben– á praia, a espera de os seus pais veñan coidalos e xogar á pelota, que é do que máis gustan, aínda que pode ser que sexa eu a quen lle apetece máis que a eles, teño mágoa de non poder facelo tan a miudo coma cando era neno. Non séi por que, na xuventude que deixamos atrás todo nos parece mellor que o que estamos a vivir, pero si sei que non hai dúbida algunha de que o tempo xa non é o que era. Eu tiña a teoría, indemostrable claro está, de que a un verán mao lle seguía outro bo. Pero agora xa non sei, porque nos últimos anos a cousa non se cumple e, así, cando os cativos me preguntan se penso que o verán terán praia lles digo só sei que terá agua, salgada ou doce, pero auga ao fin e cabo. No primeiro caso, a da mar, claro é, e no segundo da que cae de arriba. Dirán que non o hai –o do cambio climático– pero habelo haino.

O tempo tolea
Comentarios