O que din da Policía Local

uero poñer aquí unha pica en Flandes na defensa da Policía Local de Ferrol en referencia ao Buzón do Lector que apareceu esta fin de semana no Diario de Ferrol. Comparto con quen a subscribe que, se, en especial pola noite, hai outros servizos máis importantes que atender non é cuestión de dar prioridade ao roubo dunha valla, aínda que, como dí, sexa da propia Policía Local. Xa sabemos que o vandalismo campa ás súas anchas nesta cidade. Se non fose así, outra cousa ben bonita poderíamos dicir dela, pero difícil é, xa o saben, controlar a todos os que rondan pola noite, aínda que molesten insistentemente aos veciños e veciñas e nin deixen durmir nin deixen facer. Todo elo ten moito, senón todo, que ver coa precariedade do corpo municipal de axentes, que non dan feito para canto hai, como ben se ve tódolos días en lugares como a praza do Callao, con atascos interminables sen un policía á vista. O criticable, non obstante, é que, aínda que fora á mañá seguinte, non puxeran remedio ao da valla...

O que din da Policía Local

Te puede interesar