O conto de Pedro e o lobo

Penso que ó alcalde de Ferrol lle está a pasar como ao famoso Pedro; xa saben, o do conto de lobo, que tanto chamou cando non viña que, cando finalmente foi verdade, xa ninguén lle creía. Digo isto polo tema do mercado de Caranza, tan dependente como se sabe daquelo outro dos orzamentos, que vai ti a saber se por unha vez será realidade ou, como todo o que apunta neste Concello, a feroz oposición política cara ó pequeno goberno non vai nin moito menos a facilitar. Penso así que os concelleiros con responsabilidade deberían a estas alturas aturar que xa non compre anunciar nada e que é mellor calar tendo en conta os derroteiros polos que sempre foron. Aló mellor, deste xeito, acertan máis do que erran.

O conto de Pedro e o lobo

Te puede interesar