Non quero ser alarmista

Non sei como o verán vostedes, pero chegados a este punto do verán xa me escama que ningún desaprensivo teña prendido fogo, ao menos con resultados catastróficos, nesta Galicia que outros anos, por estas datas, xa cheiraba dabondo a monte queimado. Talvez sexa a sorte ou, mellor aínda, que as labores de prevención e as campañas dirixidas aos veciños teñan dado resultado e, por fin, entre todos nós sexamos capaces de acabar con quen, sen dor nin pena, prende o chisqueiro. O certo é que basta unha ollada aos xornais doutros anos por estas mesmas datas para comprobar o desastre, como sucedeu, sen ir máis lonxe, coas fragas do Eume hai escasos anos. Eu, non me entendan mal, non quero ser alarmista, pero non estaría de máis que manteñamos a ollada atenta sobre os nosos bosques, que nunca hai ollos suficientes para mirar, e sigamos a loitar, como dicía aquel vello lema, contra o lume, xa que logo, cando o monte se queima, algo noso se queima.

Non quero ser alarmista

Te puede interesar