Ferrol, non hai mellor lugar onde nacer e vivir

Moita xente pensará que son un “chauvista”, pero teño a ben ter nacido neste concello da esquina noroeste peninsular, na que, aínda que os hai mellores e máis bonitos, non atopo semellanza noutros lugares do pouco mundo que teño visto a pesar da miña xa lonxe vida. Soño que aquí segan a medrar e vivir os meus netos, como fixeron os fillos e os meus pais, aínda que estes últimos non naceran aquí. Dirán vostedes que, tal e como esta a cidade, non paga a pena seguer a ollala, pero tamén aquí soño con que alguén acaba por nos sacar deste estado lastimeiro no que nos vemos e que chegue un tempo –non conto con velo, por certo– no que as rúas vólvanse encher de xente, non por mor de festas, senón coma se vían hai anos, con choiva e todo, frío, sol e calor, e non solitarias, sen paseantes nin parellas da man terminando o día, sentados en bancos mirando como chega a lúa.

Ferrol, non hai mellor lugar onde nacer e vivir

Te puede interesar