Eu fun e estiven

sto de ter netos, e antes unha das fillas xa fai tempo asentados en Santander, ten as súas cousas cando sucede o que aconteceu e que, polo que se ve, volve e medrará, insconscientes como somos neste país alegre, aberto á festa e tan crédulo e confiado como solidario cando hai que selo de verdade. A cousa é que, pese aos anos, o que me convirte en persoa de risco e ás veces –supoñó que a algún máis pasarallíe– unha especie de apestado ao que hai que evitar –menos na familia, claro– pasei, polo momento, do “virus chino”, como o chama o trampulleiro Trump, e aquí estou outra vez, na miña casa da rúa Madalena, onde nacín e xoguei cun feixe de irmáns e onde tamén eu fixen aos cinco que teño, e penso que se acaso, tamén fixeron algún dos meus netos, sete xa, tres deles xa homes afeitos á súa propia familia, ou familias, xa que hai de todo, como é normal hoxe. Eu non tiven queixa, aínda que a muller da miña vida fixérase esperar. Por iso digo que “fun e estiven” tamén nesto do coronavirus, e aínda que non parei, pode que teña que volver, xa que, como persoa de risco, ao mellor morro só. E penso que outro tanto lle pasa a quen se deita e vaise nun chisco, xa sen ver a mañanciña, coma gustaríamos todos. Eu fun, estiven en moitas vidas, en tristuras, pesares e ledicias, ás veces anodinas ás veces intensas, pero todas elas cheas da fortuna de mirala con querencia, de arrepentirme do que hai que arrepiar e de votar de menos moitos momentos que pasaron como o resplandor dun espelliño cara ao Sol. E penso no que ninguén de nós podía ter pensado ata que chegou a levouse a vida de tantos que xa no están, como eu, ao borde da galería, embarullando a pantalla do portátil na que abaixo teño sempre aberto isto do “skype”, que non sea por que me soa a “escape”, a “fuxida”, a querer falar cos próximos pero, ao mesmo tempo, non querer telos presentes. Non é o meu caso, porque están lonxe, mesmo unha filla en Tremp (Lleida), e teño que estar máis que preocupado,, más que cando eran nenos e novos e os tiña ao lado, xogando ou laiando, pero perto, que é o importante. E é que xa saben que, por no preocupar, calan e non contan o que está de verdade a acontecer. Pero, xa que estiven, non teño problema en volver, aínda que eu non volte. Se me deixan, claro.

Eu fun e estiven

Te puede interesar