Eu creo que o alcalde ten boa vontade

O mito quen é o alcalde ó que me refiro porque o que penso del, ou mellor dito, dos alcaldes en xeral, é que sempre teñen a mellor vontade para os seus conveciños. Se fan as cousas ben, é dicir, a gosto da maior parte da xente –xa sabemos que non pode ser de todo o mundo–, amosan que as súas políticas son as acertadas, pero tamén que teñen o respaldo suficiente, ben sexa por maioría absoluta ou ben mediante o achegamento ou apoio doutros partidos, o que indica –aínda máis neste último caso–, que os seus argumentos, aspiracións ou preocupacións son axeitadas. Imos, en prata, que satisfacen así á maioría. Sen embargo, tamén hai alcaldes que non coñecen o diálogo e mesmo formacións que aínda que coincidentes con eles, tampouco. O feito é que todo isto amosa para nós máis miseria que outra cousa. Por iso precisamente, prefiro alonxarme da política. 

Eu creo que o alcalde ten boa vontade

Te puede interesar