Estamos a traballar nelo

Non sei se quedarme coa frase que dá hoxe o título á miña colaboración ou buscar no sollado

Non sei se quedarme coa frase que dá hoxe o título á miña colaboración ou buscar no sollado do Concello de Ferrol, en actas e demais lerias, outra que sirva de referencia para definir o que é un mandato municipal. Mais penso que a que elixín é precisamente a que máis se ten escoitado neste último mandato por parte do noso pequeno goberno. Enténdanmen que o de “pequeno” non é retranca senón realidade, tengo en conta o lixeiriño que é con tan poucos concelleiros como ten, incluidas as dúas disidentes do socialismo que exerce Beatriz Sestayo. “Estamos a traballar nelo”, ou mellor dito, “estamos traballando nelo”, como soen dicir algúns destes concelleiros, incluido o alcalde, vai ser como aquelo outro de “vaíase señor González” de José María Aznar ao Felipe, só que en plano localista.
Mesmo dá a impresión de que aínda cando remate o mandato a frase seguirá a brilar polo seu peculiar contido. E é que a coletilla é a saída máis habitual cada vez que alguén denuncia –sexa desde a política ou desde o civismo– algunha falla de xestión, máis dunha carencia efectiva ou, como vexo que é máis habitual, algún esquecemento obvio, que quero pensar que non é intencionado.
Así que si o Aznar fixo famosa a súa frase, por qué non vai pasar o mesmo con estes homiños e mulleriñas –de novo sen mala intención– que nos están a gobernar –é un dicir, e esta vez si con gañas– sin que se note de que xeito ou con que folgos. Non vou a entrar en razóns e argumentos para explicar isto do desgoberno, que supoño que moitos compartirán, pero iso de que “estamos a traballar nelo” sempre xurde cando non hai outro xeito de explicar o que non se fai.