Esa cousa das enquisas

Gustaríame saber que grao de credibilidades poden ter as enquisas que día a día publican a meirande parte dos medios de comunicación sobre as vindeiras eleccións xerais. Na miña modesta opinión, a cuestión converteuse nunha arma de dobre fío para todas as forzas políticas e mesmo penso que en boa parte están a ser alteradas todas elas co fin de orientar o voto. Pero, agás diso, o máis que evidente é que tamén están a pronosticar un alto índice de abstención, aínda que penso que máis que nada afianzado no elevado desinterese da sociedade ao ver como, neste país, nin a esquerda nin a dereita, nin moito menos o centrismo do PSOE e o PP son quen de amosar algo de cordura a gobernar de común interese para o ben do país. Así que supoño que si esas enquisas falan de elevada abstención é nun intento de chamar á participación como mal menor para eludir unha repetición do que estamos a ver nos últimos meses. Ou pode que non, que ao final, visto o xa visto, o desencanto xa espante.

Esa cousa das enquisas

Te puede interesar