E logo, que pasou?

Non quero, nin moito menos, facer leña da árbore caída. Refírome á cousa esta de que o primeiro pleno da nova corporación ferrolán durara dez minutos escasos y incluira a retirada da bancada dos dous concelleiros do BNG. Non vou referirme tampouco a que teña a sensación de que, pese ao cambio de goberno, imos ver o que xa vimos os últimos anos no Concello cun goberno en minoría. Nin tampouco a que, como xa sucedera nos últimos tempos, a esquerda parece ter máis amigos na dereita que entre aqueles que ben se podía supor correlixionarios ou, alo menos, próximos. Non vou referirme a que os gobernos, xa se sabe, os forman os partidos e non os votantes, porque é moito dicir que a maioría dun deles é de esquerdas cando entre eles mismos, calan, non ven e non escoitan. Nin tampouco quero falar da situación na que se atopa Ferrol, que xa é dabondo coñecida. Nin vou falar, insisto, de que a remunicipalización de servizos é cuestión defendida pola esquerda, pero non practicada.

E logo, que pasou?

Te puede interesar