Cuestións de bandeiras

en o título a colación dun buzón do lector que vin hai unos días neste xornal e que, creo, trataba de defender a bandeira española como un signo de identidade nacional e non, como algúns adoitan ver, como representación dun réxime político, neste caso, aínda que cambiara o escudo que a preside, o do xeneral Franco. É ben certo que as incongruencias son palpables e que, mentres que noutros países a bandeira nacional é respectada independentemente de que noutras épocas hoube un imperio, unha dictadura ou mesmo unha revolución que por épocas foi sanguenta dabonda –refírome, sin ir máis lonxe, á francesa–, non sucede o mesmo neste no que vivimos, pensamos e creemos libremente, sin maior cortapisa que a da Lei. Eu gosto da bandeira española, da de agora, por suposto, e tamén da galega e a comunitaria, e todas aquelas que representan a un país demócrata e ás súas xentes.

Cuestións de bandeiras

Te puede interesar