Cousas que mellor non ver

Escribo un tanto con presas pero tamén rabeando. E é que acabo de votar unha ollada ós comentarios que aparecen na páxina web de Diario de Ferrol sobre a noticia da candidatura unitaria presentada por Ánxel Mato e Manuel Cendán á secretaría do PSOE local, fronte á que lidera Beatriz Sestayo. Nesto das redes sociais non che son moi versado, pero non porque non saiba senón porque se ben constitúen un adianto do progreso no eido da comunicación tamén son un verquedoiro de odios e difamacións, e ademais porque creo que hai unha gran parte da xente que nelas escribe que, ademais de contar mentiras, escúdase en alcumes e fuxen de dar a cara. Ou sexa, que tiran a pedra e esconden a man. Non vou entrar en detalles, pero ante a ausencia de comentarios favorabeis á dita candidatura nótase que os que máis “traballaron” nos comentarios foron os afíns a Beatriz Sestayo, carentes de argumentos. O dito, rabeando.

Cousas que mellor non ver

Te puede interesar