Camiño da praia

Hai cousas ás que un ten que estar agradecido e non hai dúbida de que os ferroláns e todos os que temos a sorte de vivir por estas terras temos unha contorna natural que moitos xa quixeran para eles. Mäis ledicia apunta o feito de que as nosas augas estean saudables, ao menos as de mar aberto, e que as praias da costa inviten –choiva ou raie o sol– a visitalas e disfrutales. Por iso non está demais que o goberno municipal ferrolán estea xa tomando cartas no asunto dos servizos que nelas existen, como é o caso dos de socorrismo e vixianza. Polo menos este ano parecen, desde logo, algo máis previsores que nos precedentes, tendo en conta a precariedad, lentitude y desleixo co que abordaran a cuestión. Mesmo o pasado verán os propios socorristas non tiñan tan sequera o seu equipamento completo, por no falar do estado das casetas que, como a Doniños sen ir máis lonxe, non servía nin para gardar a un can. Eso si, haberá que esperar, en confiar, a que se dixo realmente se faga. Xa veremos.

Camiño da praia

Te puede interesar