Un bo conto de Nadal non é moi doado

verdade é que querería transmitir ledicia, como me imaxino que como todo o mundo, agora que están a achegarse as festas de Nadal. Mais, se voto unha ollada ao que nos está a deixar este ano a piques de rematar na nosa comarca, penso que talvez esta sexa unha última oportunidade, aló menos por algún tempo –xa veremos dentro de dous ou tres anos, porque no creo que os lóstregos vaian desaparecer para o que ven– nesta terra para o lecer sen moitos agobios. E é que tendo en conta o que está a pasar con Endesa, o que, aínda que estea lonxe, o de Alcoa, que tamén pode pasarnos moita factura e, en xeral, a escasa xente que vexo estes días pola rúa, e que o das fragatas F-110 aínda non se notará ata o 2021 –esperemos–, non parecen estes os mellores tempos. E o digo porque, se votamos unha ollada á cidade cabeceira de comarca, máis semella que estamos moi lonxe do que todos nós gustaríamos que de ve-la rexurdir. Porque, penso eu, xa son máis que suficientes os meses que suma o novo goberno municipal da cidade como para que puideramos ver, talvez, e por citar algún exemplo mínimo, os pasos de peóns pintados. Que a verdade é que di moito dunha cidade que, xa non os de aquí, que se supón que coñecemos por onde andamos, que os de fóra non saiban onde nin cando parar, salvo polo feito de algún ventureiro adiante un pouco o pe sobre a calzada para dar a entender que por ahí, se acaso, se pode cruzar a rúa. Xa dixen máis dunha vez que non gustaba de ser agoreiro, pero que queren que lles diga. O que si non son é cego. E, ademais, dóeme o que nos está a acontecer. En fin.

Un bo conto de Nadal non é moi doado

Te puede interesar