Algo máis que matorrais

Non quero, nin moito menos, facer leña da árbore caída, aínda que tal semella que deste xeito está a concellería ferrolá que ten que se encargar dos desbroces dos camiños e mesmo de ter ben limpiños e arranxados os espazos públicos verdes. Mais non estraña a ninguén que haxa queixas. E penso que aínda son poucas tendo en conta que vemos tódolos días. E é que, si por un casual, nunha praza hai algún que outro apaño, na mesma sempre parece que alguén esqueceuse dunha parte. Xa non digamos de aquelas outras nos que a serra ou a desbrozadora nunca pareceron chegar. Así que penso que quen pide a dimisión do concelleiro da área non está falto de razón, pero os cidadáns deberíamos esixir, de paso, que lle poñan unha multa ou que, coma mínimo, “fiche” a diario e se dea un paseiño –e de paso facendo algunha parada– por estes espazos. Eso si, recoméndolle que o faga de noite ou de mañanciña; non vai ser que se atope con algún veciño ó que lle teña que aguantar a vergoña.

Algo máis que matorrais

Te puede interesar