A política das vallas

Sei que, alomenos nesta ocasión, moitos de vostedes estarán dacordo co que penso. Non porque teña razón, senón porque á vista está. Refírome ás vallas que desde hai uns días despréganse por toda a cidade para a acometida de obras de melloras viais, que hai que velo para dar testemuña. E o digo porque non sei se tal puiden ver antes, a non ser en grandes actuacións. Algúns dirán que máis paga tarde que nunca pero eu aínda teño a dúbida de por que todo isto non se fixo antes e, sobre todo, que pé zampo ten este goberno que tanto rexeitaba ó anterior por, entre outras cousas, dicir que facían campaña nos últimos meses do mandato apresurándose a facer o que non tiñan feito nos máis de tres anos anteriores. Para mín, o máis evidente e que, se un partido se achega á alcaldía é porque votáronno os cidadáns e que, se non é no primeiro mes, si ten que ser no segundo cando comece a notarse o seu traballo. E así de seguido. A cidade o demanda e os que votamos tamén.

A política das vallas

Te puede interesar