A mal tempo, boa cara

Mira que xa o di sobradamente o refraneiro tan noso e que se sabe desde tempo inmemorial aquelo de que “nunca choveu que non escampara”, pero temos máis a ben cargar pestes contra todo aquelo que non coincide co que desexamos. Está así aquelo de “disfrutade do votado” para rachar contra a clase política que non é a que a un lle gustaría polo simple feito de que non é da nosa corda, así que canto fan, por definición, por non ser sinxelamente dos nosos, fanno mal e, ademais, a gusto e con intención, e mesmo non faltará aquel outro que tamén diga que o mal tempo destes días non vai máis que contra nós e, de paso, que a quen se lle ocorre programa riste o aquel acto popular sen ter en conta se chove ou escampa. Xa o dicían os vellos moito antes de que nós chegáramos a iste estado. E é que non hai dios que nos entenda e, posiblemente, nin país que mereza ser comprendido. Pero eu che son dabondo optimista e, por iso, agora, con estes días ventosos e ata chuviosos, tamén digo que “a mal tempo, boa cara”.

A mal tempo, boa cara

Te puede interesar