A cuestión turística

Chama moito a atención o que está a acontecer en determinadas ubicacións xeográficas españolas sobre o turismo, xa que hai grupos de opinión e mesmo manifestantes en contra da masificación do mesmo e das negativas repercusións que esto conleva para a poboación autóctona, ou mesmo para quen, por motivos de traballo e tendo alí un emprego non poida ir por non atopar aloxamente. Exemplos abondan e mesmo quen gaña unhas oposicións, poñamos por exemplo na mediciña pública, vese obrigado a renunciar á praza porque o salario non lle compensaría o pago do aluguer –se é que atopa onde vivir, claro–. É pois evidente que hai unha masificación desaforada que ninguén tivo en conta e á que so lle poderá poñer freo unha regulamentación axeitada ou un compromiso das operadoras turísticas para se regular a se memas. Certo que a cousa trae moito diñeiro, pero aos avarentos lévaos o vento. Reflexiono sobre elo ao vivir aquí, feliz no meu terruño, onde –afortunadamente– non hai tal.

A cuestión turística

Te puede interesar