A morte, igualanos?

Sempre escoitei que a única cousa que nos igualaba aos seres humanos era a morte. Poida que sexa porque pobres ou ricos, famosos ou anónimos, bos ou ruíns, ningún podemos eludir o trámite. Mais tanto para nascer como para morrer tamén hai que ter sorte. E non, non todos somos iguais ante a morte, cando menos entre os vivos. Nos últimos días estamos asistindo ao pasamento de personaxes públicos polo seu papel político, e outras anónimas mais próximas no corazón. É sorprendente como quen esixe consideración e homenaxe a Rita Barberá ( despois de negarlle o sal e a auga en vida logo de utilizala nos seus “tejemanejes”, nos que está metido até o máis ppintado) son os mesmos que llo negaron a un home e político intachable como Labordeta. Os mesmos que impiden a restauración da memoria histórica e lle negan paz de descansar, noutro lugar que non sexan as cunetas, a uns mortos que deben ser dunha categoría inexistente para eles.

A morte, igualanos?

Te puede interesar