Hai moita face no face

Podería dicir que teñen moito rostro, mais sempre asocio esta palabra á miña familia e a min mesma, así que non. A min ensináronme educación e saber estar, así que non entendo porqué alguén que non te coñece de nada pode verquer comentarios de mal gusto nunha páxina do facebook feita expresamente para partillar publicacións, artigos, relatos ou poemas dunha servidora. O meu aspecto persoal e o rostro desta Rostro non é unha convida a unha poxa de piropos de peor ou mellor gusto.
Os correos son moito peores, xa que se escudan en que ninguén máis os mira. Co que se ve no encabezado é suficiente para non abrilos. “Guapa chateamos ya y nos contamos intimidades”... así, sen unha coma e sen anestesia. Unha servidora escribe, publica, mais esixe respecto, por min e por todas as mulleres que nos poidamos sentir acosadas por comentarios deste tipo. Aceptar amizades masculinas, non implica que permitas que queiran “ligar” contigo, que queiras dar a coñecer o que escribes non inclúe a túa persoa no lote. Bloquea e sigue... que hai moita face no face.
 

Hai moita face no face

Te puede interesar