ROZAMENTO

Algunhas veces todo ten sentido. Está ben que de cando en cando algunha situación teña solución e contribuír en maiorou menor medida a que isto suceda. É o bo da política nesta escala, nunha cidade ou nun pobo. Os datos teñen nomes e apelidos e aínda que isto dálles dramatismo tamén parecen maiores as posibilidades de actuar sobre eles. O Concello é a administración máis próxima ao cidadán, a que máis opcións ofrece para xerar unha nova e necesaria forma de entender a democracia. Onde a participación dunha cidadanía activa pode ofrecer alternativas válidas a un sistema plagado de dúbidas. A incomodidade do poder xorde co rozamento cos descontentos, é quizais por iso que desde o goberno do Estado preténden se eliminar estes espazos de fricción. Non se deixenen ganar, a reforma da administración local que leva tempo rumiando o PP simplemente intenta limitar a acción política na nosa contorna máis inmediata.

 

ROZAMENTO

Te puede interesar