POSADO TWITTEIRO

Trinta mil ferroláns saímos o domingo defendendo o naval. Non todos somos de Navantia, pero si conscientes da fundamental importancia que ten para a supervivencia de Ferrolterra. Trinta mil, que sabemos que será pola forza da nosa teima, en defender unha forma de sentir e vivir.

Así, mentres a manifestación atrancábase no túnel da Praza de España, o alcalde de Ferrol posaba diante do ambulatorio. Non son poses o que necesitamos. Aínda que lles pese, manifestarse hoxe é facelo contra as políticas da dereita.

Por iso, hai que esixirlle resultados tanxibles a José Manuel Rey; agora tócalle a el.

Porén, o tweet do alcalde amosa que o futuro do naval depende da capacidade dos cidadáns, do movemento sindical e da unidade do conxunto da esquerda.

Fronte á dereita e ós sectarios das “dúas orillas”: Unidade e mobilización. Ferrol e o naval, Dique Si!

 

POSADO TWITTEIRO

Te puede interesar