PCE-PSP?

Santiago Carrillo tivo unha gran vinculación con Ferrol e Fuco Buxán. Ser un dos fundadores desta asociación permitiume ter contacto directo con el.

Vén de editarse o seu derradeiro libro “Mi testamento político” (Galaxia Gutenberg 2012), eu tiven que abrir o libro pola parte dedicada á súa relación co profesor Enrique Tierno Galván.

Soará a inmodestia, pero vin reflectida unha conversa nosa. Hai tempo, pregunteille por unha hipotética fusión PCE-PSP. Díxome que el desbotara a proposta de Tierno Galván dunha coalición. Que o seu erro foi non ver que Tierno podía ser alcalde de Madrid. O certo era que o PCE eurocomunista e o PSP marxista, eran partidos fronteira.

Di Tierno Galván en “Cabos Sueltos” que o Eurocomunismo era unha especie de “socialismo de reserva, que sustitúe en moitos sitios, lentamente, as posicións cós socialistas antaño tiñan”.

 

PCE-PSP?

Te puede interesar