“TRÁGICA MOJIGANGA”

Prometín a min mesmo no volver a escribir sobre a señora Mariloli Cospedal, porén, recentemente nunha conferencia de prensa saíu dicindo que o seu partido: “Es el más diáfano y transparante de España”. Si, diáfano e transparente como o chapapote do “Prestige”.
Teño que volver a dicir que de tantos esperpentos aos que chega esta señora da para escribir máis de vinte libros da deformación sistemática da realidade por medio de elementos grotescos e absurdos, onde existe nunha linguaxe coloquial expresións cínicas, ironías e burlas desa condición hispánica cun movemento orgánico dunha “tragica mojiganga”.
Desta maneira imos camiño daqueles anos de cando don Ramón del Valle-inclán escribira “Luces de Bohemia” un dos primeiros esperpentos.
Aínda nos casos de inventiva falaba de experiencias vividas de violentas folgas, o caos desenfreado e desorden imperante dos políticos, a carestía da vida e de unha sólida base de feitos documentados, onde a habilidade inventiva de Valle-Inclán fai dos esperpentos algo comprometido cos graves sucesos inquietantes daqueles anos da Lei de Fugas.
Mariloli é o primeiro esperpento neste país dos despropósitos do século XXI.
Despois da que está caendo sobre o financiamento do Partido Popular oíndo cantar ao paxaro Luis Bárcenas, preso na xaula de ouro onde parte da contabilidade do Partido Popular desde o ano 1990 ata o 2011 quedou ao descuberto a través de Internet, Mariloli ten a cínica ocorrencia de falar de “disparates monumentales”.
O único disparate que existe neste intre é o incumprimento do programa electoral dese partido ao que ela pertence.
O cinismo e as mentiras son da tal magnitude que esta señora das peinetas e mantillas tírase un peido nun funeral e a berros é quen de bótarlle as culpas ao defunto.
É un exemplo da mediocridade política dese partido que ela representa, só móvelle as ambicións persoais.
Este Goberno corrupto e cínico non pode permanecer nin un minuto máis ao fronte deste país, porque o está volvendo invivible coas as súas falcatruadas.
En calquera país minimamente democrático, non só tiñan que estar dimitidos, senón que tiñan que estar na cadea.

“TRÁGICA MOJIGANGA”

Te puede interesar