“NO FUTURE”

Podemos estar todo o día dándolle voltas pero é máis sinxelo dicir que simplemente isto non funciona. Nin esta parcial chegada do verán parece aliviar moito a sensación de desolación que nos envolve. Miramos con esperanza fose e atopámonos que aquela Europa que se nos vendeu como o paraíso convértese en realidade na mafia das películas que vén cobrar as débedas do xogo cun bate na man e disposta a partirnos as pernas. En España a cousa non está mellor.
Entendemos perfectamente que a familia real chamase “Bribón” ao seu barco e que a corrupción política sexa unha das principais preocupacións dos cidadáns. Sabemos que o presidente de Galicia, o da crema solar, non ten memoria para as súas promesas. “No Future” cantaban os Sex Pistols con rabia. “No Future” parece escoitarse en cada pleno do Concello de Ferrol, non é un acto antidemocrático señor alcalde, simplemente é a lóxica desesperación.

 

“NO FUTURE”

Te puede interesar