Xuro por Deus ou prometo pola miña palabra

Aproveitando este globo de perspectivas de cambio, xa longo tempo esperado, que son: a práctica do feminismo nos ministerios, a presentación sen signos relixiosos, o traslado dos restos de Franco do Valle de los Caídos, a recuperación da filosofía e humanidades nos institutos, o remate da  “Ley  Mordaza” e do Estatuto dos Traballadores, o diálogo cos nacionalismos, a acollido do barco “Aquarius”,  etc. Esperamos que este globo se converta nun paquete tan forte que non haxa agulla que o desinche. Vou, xa que logo, dedicar esta achega de hoxe á toma de posesión do presidente e das ministras e ministros coa ausencia dos símbolos relixiosos.
Este é un tema que me gusta desenrolar e achegar este pensamento a calquera que queira reflectir nel, que está intimamente ligado á constitución do noso Estado “aconfesional” e “laico”. Antes de nada, compre  desbotar, dunha vez por todas, que o concepto de LAICISMO que a xerarquía da Igrexa o tivo sempre aplicado á II República e aos ateos como unha práctica inimiga da Igrexa, lonxe diso, o laicismo é un movemento de aqueles que queren que os clérigos e a xerarquía non teñan nada que ver coa autoridade civil e que a sociedade civil desenrole a súa misión  perfectamente sen relixión. Isto non quere dicir que as e os cristiáns se desentendan da polis, ben ao contrario, espera de todos eles que axuden á liberación da humanidade. Como dicía o cristián Jorge Semprún, o pai, “yo con los comunistas hasta la muerte, pero no más allá”. Aínda que foi expulsado do partido, el seguiu sendo  comunista.
Aínda perdura o nacional catolicismo que era o que dicía o bispo de Mondoñedo, Arriba y Castro de que a Igrexa Católica era consubstancial a España. Non lle faltaba razón na práctica, pois desde o século 4º; o medievo, séculos V-XV, no que a Igrexa mantivo un poder absoluto; Idade moderna e Antigo Réxime, España deica  1812, coas Cortes de Cádiz, se ben rachou co antigo réxime, aínda mantivo os privilexio da Igrexa. 
E así foi indo deica  a I República, coa separación de Igrexa e Estado, en 1873, que no chegou a aplicarse. E logo veu a Restauración borbónica, Alfonso XII e XII, Art. 11 “La religión Católica, apostólica y romana, es la del Estado. La Nación se obliga a mantener el culto y sus ministros. Nadie será molestado en el territorio español por sus opiniones religiosas ni por el ejercicio de su respectivo culto, salvo el respeto debido a la moral cristiana. No se permitirán, sin embargo, otras ceremonias ni manifestaciones públicas que las de la religión del Estado”. Non é de estrañar o medre do anticlericalismo nunha Igrexa allea, en xeral, á loita pola dignidade humana do campesiñado e o dereitos laborais dos obreiros, que desembocaría nun odio do mundo das esquerdas que eu non cheguei a entender até que estudei a Historia.    
E chegou por fin a II República no 1931, coa separación de Igrexa e Estado.  Para, na guerra civil e despois, a ditadura de Franco co poder da Igrexa moito maior que na época da Restauración, tanto que moitos definen esa época do nacional catolicismo non da Igrexa Católica senon da Igrexa de Franco.
As celebracións, en moitos sitios carnavalescas, da reposición dos  crucifixos nas escolas e nos locais públicos foi de moita sona. Tampouco sería de estrañar aquilo se non chegáramos a sentirmos, na Semana Santa deste ano, a vergoña allea ao contemplarmos á catro ministros (?) cantando coa lexión portando o Cristo de La Buena Muerte, “soy el novio de la muerte”.    
Na ausencia de símbolos relixiosos na toma posesión do presidente e das ministras e ministros, a tradición dos xuramentos solemnes da xustiza e dos gobernos realizáronse sempre neses tempos pasados diante do Crucifixo e da Biblia, aínda seguiron e seguen moitos querendo permanecer  no nacional catolicismo. 
A sorprendente presentación do goberno actual cumprindo, de momento, só cos signos dun Estado aconfesional, é dicir laico, que non confesa  ningunha relixión oficial, desde este punto de vista parece que este goberno marca a liña de separación da Igrexa e Estado. A comisión de laicidade ten loitado moito pola ausencia de signos relixiosos nas escolas nos hospitais e nas cárceres, etc. Para, nós os cristiáns, significa moitas cousas. Antes SE JURABA  agora SE PROMETE. Este xuramento ven de moi antigo da mitoloxía grega, poñendo a unha deidade por testemuña da nosa palabra, xurábase polo máis sagrado; para a relixión católica a Biblia o Crucifixo é o máis sagrado. Agora non se xura, prométese, que ven ter un significado moi importante  de laicidade, a palabra e conciencia vale. Trátase dunha cousa moi seria. Polo que se ve, os do PP moitos deles xuraron e non prometeron nada,  xuraron e forráronse. 
Ese xuramento xa non vale está vilipendiado. Agora o que vale é a palabra da xente, “por mi conciencia y honor prometo cumplir mi misión que me encomienda mi cargo”. Desacralizar estes actos que, por unha parte convértese  nunha contradición e insulto ao símbolo da Biblia e do Crucifixo, vilipendiados nas sas da Xustiza, do ensino, dos cárceres. Un exemplo: unha nai dá grazas a Deus polo éxito da operación do seu fillo. O máis humano sería darlle grazas ao ciruxiano. 
Unha conciencia laica apréndenos a humanizar e non abusar hipocritamente  de Deus. Como di San Xoán na súa I Carta, 4,20 “Se alguén dí: “Eu amo a Deus” e aborrece a seu irmán é un mentireiro.  Porque se non ama a seu irmán de a carón, como vai amar a Deus que non ve?” . Esperemos que os que prometen teñan palabra. 
 

Xuro por Deus ou prometo pola miña palabra

Te puede interesar