Máis curas que condenaron o franquismo

Todos os sacerdotes que condenaron o golpe de estado e a guerra fratricida teñen moitos puntos en común: 

1) Todos foron defensores da República, da lexitimación das súas autoridades e da democracia.

2) Críticos coa pastoral dos bispos e incluso con escritos condenando o golpe e a guerra. 

3) Defensores da doutrina social da Igrexa que non aprobaba a posición dos bispos. 

4) Unha nota senlleira de todos eles como base de todo o seu labor social e pastoral, foi o Evanxeo de Xesús. 

5) Tamén lles chamaban “sociais” a estes curas que desenrolaron esta doutrina froito da Rerum Novarum de León XIII. Un destacado promotor deste movemento foi Maximiliano Arboleya, asturiano, admirado e agasallado no ambiente obreiro anticlerical. Foron moi criticados polo clero tradicional, sobre todo no xornal católico de dereitas Nuevo Futuro.

A este punto último engado unha nota desgraciada: Un grande amigo de Arboleya nesta liña pastoral, era o P. dominico José Gafo, de Xixón, que se trasladou a Madrid para dirixir un colexio. Cando o golpe militar metérono no cárcere, parece ser por precaución, e ao deixalo libre, berrábanlle que non saíse que era unha trampa. Nun descontrol, foi asasinado con outros. Nunha das fornadas de beatificacións recentes foi declarado beato. Riríase -digo eu- dende o ceo, pois aos que el defendía, matárono; aos que criticaba, beatificárono. 

Juan García Morales, pseudónimo de Hugo Moreno, sacerdote almeriense, que veu para Madrid onde destacou como xornalista colaborador de Heraldo de Madrid. Moi criticado pola dereita católica e seguido de cerca pola xerarquía, aínda que consentido. As súas colaboracións foron editadas nestes tres libros 3 Años de lucha, HIPÓCRATAS! Farsantes y fariseos; Cristo Rojo; Cristo Rojo (2). Morreu no exilio de Lyon, Francia, alí tivo que sufrir todo o que leva consigo as desgrazas do exilio, pero ademais a cadea baixo a dominación nazi, hai testemuñas que lle oían rezar de noite de memoria, perdera moito a vista e lía con dificultade, o oficio divino da Virxe María. A maior desgraza foi a morte de súa nai, e por último a súa. 

Tiña fama de bo escritor. Fora profesor de gramática e literatura no Seminario almeriense. En plena guerra fratricida (06/08/1936) escribiu un soño que tivera dun bispo que escribira unha pastoral: “Nós, como pastor de Israel, no podemos de ninguna manera en nombre de Cristo, patrocinar la guerra fratricida. Nuestro clero y grey católica han de respetar los poderes legítimamente constituidos” Facendo alusión á terrible situación de España dicía: “Que Dios no nos castigue con la ceguera. Rebeldes, déspotas, soberbios… que se decían amantes de Jesucristo y seguidores de su doctrina, se han levantado en armas contra un Gobierno que tiene todas las garantías de la ley.[…] Vuestro prelado os recuerda el testamento del divino Maestro “Amaos los unos a los otros; sed todos como hermanos e hijos del mismo Padre…”

Deixando os soños, enfrontouse coa realidade no discurso emitido desde os micrófonos do Ministerio de Guerra, posteriormente editado nun folleto co fin de recadar diñeiro para os hospitais de sangue. Transcribo só este anaco: “Yo, católicos españoles, [...] He entrado en los centros socialistas, comunistas y sindicalistas, y todo ha sido respeto y cariño para el sacerdote que ha predicado –entendedlo bien- el Evangelio; que he estado y estaré hasta morir al lado de los humildes”. Diríxese ao Papa nestas horas dramáticas dicíndolle: “Santo Padre, el clero español, los católicos todos, debían haber estado unidos al Gobierno legítimamente constituido, y no patrocinar la rebelión de unos militares que han traicionado su patria y han tomado las armas para acribillar a balazos al pueblo. […] Prelados y clérigos que tenéis diariamente a Jesucristo en vuestras manos: por ese mismo Dios, expirante en la Cruz, os pido que depongáis vuestra actitud”.

Salvador de Hijar, padre capuchino, nome de relixión, para o “siglo” era Manuel Cardona Íñigo. Un dos máis famosos predicadores da zona de Zaragoza, chegou a un momento en que non puido aguantar máis, e pasou para á zona republicana. Conta das escenas horrorosas ás que tivo que asistir: fusilamentos nocturnos, as ferocidades inauditas de falanxista e requetés, e no convento non só eran desaprobadas senon louvadas e defendidas como necesarias.

Tivo unha intensa colaboración no xornal Nuestra Bandera do lado da República. Quienes hicieron fracasar a Cristo; La Iglesia contra Cristo; Por qué abandoné la zona republicana. Rexeitaba a bendición das armas da xerarquía: “Un Evangelio de paz, de amor y mansedumbre de bondad y de perdón, no debía pretender hacer prosélitos con otros procedimiento que los del amor. ¡Ni violencias, ni ambiciones!” 

La Vanguardia recolle, o 8 de xaneiro de 1939, unha alocución por radio dirixida aos sacerdotes “exhortándoles a cumplir su misión de paz y de amor, con lealtad para Cristo y para España”.
No Arquivo “Gomá” consta a súa dimisión acordada por Los Superiores Mayores de la Orden y confirmada por la Sagrada Congregación de Religiosos. Todo ello impuesto por una nota de la Secretaría General de su Excelencia el Generalísimo.

Entre outros, citamos tamén : Ángel Zumeta, “Un cardenal español y los católicos vascos”; Alberto Onaindía, Hombre de Paz en la Guerra (P. Olaso en Radio París); Juan de Iturralde, Catolicismo y Cruzada de Franco; Basilio Álvarez, España en Crisol (todas as colaboracións no xornal Crítica de Bos Aires). Marino Ayerra Redín, No me avergoncé del Evangelio. 

Máis curas que condenaron o franquismo

Te puede interesar