jueves 02.07.2020

A mirada transformadora. M. Mallo Granell

No último artículo falábamos da reviravolta que supuxo, hai cen anos, no eido da arte e da concepción do mundo, o movimento surrealista, cuxa meta era ir espindo as capas das apariencias que cubren o supostamente real, para atopar os  segredos que esconde e alumbrar un novo xeito de relacionarse co universo, unha nova humanidade. 

Eso non podía facerse de maneira fácil, era preciso cortar –enténdase metafóricamente– con afiada  navalla ese ollo viciado e inservible, como recolle Buñuel, en estremecedora secuencia, na película “Un can andaluz” (película que, por certo, vin no Cine Clube de Santiago, nos anos da Universidade, finais da década do sesenta) 

O impacto foi tremendo e coincidiu coas movidas estudiantiles que deron lugar a revolta do 68. ¡París!, nome de todas as utopías anceiadas, estaba de novo a carón noso e todo estaba por descubrir, incluido Breton, incluido o surrealismo que, contra os agoreiros da súa morte, seguía vivo. Logo soubemos que xa o dixera Bretón, cando se lle fixo a pregunta de que era o surrealismo e él respostou “ o que será”. 

E dicir, o surrealismo non é máis que o camiño aberto a todas as indagacións, por extrañas que semellen, a todos os encontros por antagónicos que nos parezan, a todas as sorpresas que nos depara o inconscente. Para ser surrealista hai que ter rayos X na mirada. Da necesidade desa mirada transformadora fala o coruñés Eugenio Granell ( músico, pintor, novelista), que coñeceu a André Breton en Santo Domingo, no ano 1941 e foi surrealista ata a súa morte; pois ben, Granell, co gallo dunha exposición en 1960 di: “ Os ollos físicos confirman, non descubren. Os ollos indispensables do pintor son aínda os que xacen nas súas entrañas”. En posesión desta mirada interior o creador oficia como mago e visionario é pode ver as analoxías que latexan en todas as formas: así, a muller  pode ser un xardín florecido, o escultor pode  modelar a auga, os poetas poden dormir entre o fogo ou galopar sobre o vento...; non hai imposibles para a imaxinación creadora. 

Co surrealismo ten tamén afinidades Maruja Mallo (Viveiro, 1902- Madrid, 1995), que en 1932 viaxa a París cunha beca de estudios, e, nese mesmo ano, fai unha mostra na galería Pierre Loeb, que é eloxiada por Paul Eluard e polo mismísimo André Breton que lle mercou o cadro “ O espantapaxaros”. Fascinada pola forza creadora do ser humán e mui especialmente pola que latexa no pobo, toda a súa obra é unha aberta indagación, na que se xuntan as raíces populares e as maravillosas formas da xeometría da natureza coas inquedanzas da vangarda. Da fé, pois, desa ollada empática e fusionadora que pode atopar as relacións que existen entre todo. Dende os cadros de “Cloacas e campanarios”, feitos con refugallos que andaba a recoller con B. Palencia  polas aforas de Madrid, ata os “ Moradores do vacío” e “ Viaxeiros do éter” da última etapa, cos que erguía o seu imaxinario cara as galaxias, M. Mallo demostra ter esa mirada transformadora que vai sempre na percura dos agochados misterios do aquí e do alén.

Comentarios