A herencia artística do século XX

Sabido é que a principios de século XX prodúcese unha revolta no mundo da cultura e da arte.Europa enteira está tamén revolucionada e por todas partes saen berros de rexeitamento contra o sistema herdado. É un desacougo que se remonta ao movimento romántico, co que -segundo di Octavio Paz- comenza a ruptura coa tradición para se instituir como a” tradición da ruptura”. En efecto, a rebelión romántica puxo a semente daquela fervenza que estalaría nas primeiras décadas do 1900, pero que xa tivera no Impresionismo, Modernismo e  Simbolismo hitos importantes; abonda recordar o anatema que caeu sobre “As flores do mal” de Baudelaire, libro que faría florecer esta última tendencia. 

O escenario principal da revolta foi Paris e alí se diron cita os artistas máis significativos que refugaron o academicismo, entre os que houbo moitos españois, con Picasso á cabeza, e tamén galegos. A ruptura coa norma que supuña que a obra ben feita era a que copiaba fielmente ao modelo, deixou  paso a liberdade expresiva, ao mesmo tempo que se descubría o valor artístico da arte prehistórica, dos primitivos, dos nenos e, inclusive, dos toliños.Fartos do amaneramento  e da soberba intelectualoide, os artistas voltaron a súa inspiración cara “a arte que ule a terra”, como ben  dixo Wölflin. Dadaismo e Surrealismo foron, no inicio, os movementos máis activos do cambio, pero pronto non pararon de sucederse os “ISMOS” que artellaron, segundo feliz denominación de Umberto Eco, a época da OBRA ABERTA, que é aquela que non ten cortapisas expresivas e cuxa meta é a invención e a experimentación; pois o concepto do mundo, despois de Einstein,  da física cuántica  e do principio de indeterminación de Heisenberg, tamén se abría cara o descoñecido e o ilimitado, o mesmo a nivel microcoscópico que macrocoscópico. 

Os novos creadores refugaron  os preceptos do realismo académico, herdado do Renacemento, porque poñía límites á realidade, pero tamén porque os seus cánones,( que só no caso dos grandes xenios coma Goya eran sobrepasados), a miúdo daban orixe a cadros i esculturas sen alento poético e, incluso, no caso dos autores de menos talento, a obras que nacían mortas. Por eso, o noso xenial Valle Inclán, creador do rupturista esperpento, fai exclamar, na súa obra “Luces de bohemia”, de xeito irónico,.”¡Santi, boniti, barati!”, para se referir ao pouco que valoraba a obra dun destes artistas da copia. Contra vento e marea, pois, foron, en principio, ou non entendidos ou directamente refugados. 

Pero aquela torrenteir, que tería a súa culminación na arte abstracta, cuxo mestre iniciador foi sen dúbida Kandinsky, deu inicio a unha época de arte viva, polisémica, creadora de  infinitas posibilidades formais  en continua metamorfose, un patrimonio do que aínda se nutre a arte actual. Referíndose, sobre todo, as conquistas da abstracción, o poeta i excelente crítico de arte, Miguel González Garcés, decía, en artículo de 1987: “... el arte abstracto nos libera de la sucesión de horrores de los mejores Museos.”

A herencia artística do século XX

Te puede interesar