lunes 26.08.2019

Cómo se imprime un libro

A Fundación Luis Seoane ofrece a extraordinaria mostra “Cómo se imprime un libro”, que  recolle a etapa dourada da edición en  Bos Aires, do 1936 a 1950.

A Fundación Luis Seoane ofrece a extraordinaria mostra “Cómo se imprime un libro”, que  recolle a etapa dourada da edición en  Bos Aires, do 1936 a 1950, na que por factores diversos ( a nosa Guerra Civil, o nazismo e o feixismo italiano, entre outros) van a coincidir na cidade arxentina e a colaborar en proxectos de edición, ilustración, tipografía e impresión, seis nomes importantísimos: Luis Seoane, Attilio Rossi, Horacio Coppola, Grete Stern. Jakob Hermelin e a Imprenta López, que editou precisamente, en 1942, un libro  con este título, considerado unha obra mestra do deseño de vangarda. 
Suliña Silvia Longueira, comisaria da mostra, xunto con David Carballal, o excepcional caldo de cultivo que supuxo para Seoane a relación e realización de proxectos con estes outros artistas exiliados. Segundo a óptica destes criadores, o libro (como xa sinalara Paul Valery) non é só texto, senon un  obxecto plástico que debe someterse a estrictas reglas visuais e arquitecturais acordes co tempo no que se edita; así o fai notar Luis Seoane: “...cada un de nós, Attilio Rossi, o primeiro, Hermelin e mais eu, deixou na arquitectura, na decoración do libro arxentino... a achega da súa sensibilidade artística e da súa cultura.” 
A inxente labor que levaron a cabo queda documentada con mais de cen títulos de obras de culto da editorial Losada, de Austral, de Nova, de Emecé Editores, de Artes Gráficas Futura e de coleccions como Buen aire. Dorna, Mar dulce, Cuadernos de grandes ensayistas, entre outros. Deste xeito odemos repasar  títulos inesquencibeis que conforman xa o imaxinario e o pensamento do século XX, e dos que nos nutrimos todos aqueles que andamos no mundo da cultura, como La rebelión de las masas de Ortega y Gasset ( o primeiro libro editado en Austral), La metamorfosis de Kafka, Platero y yo de Juan Ramón Jiménez, 20 Poemas de amor e Residencia en la tierra de Neruda  ou El muro de Jean Paul Sartre. 
Descubrimos tamén outras xoias bibliográficas. como os Cuadernos de grandes ensayistas, polos que desfilan os nomes de Shelley, Thomas Mann ou Nietzsche; tamén en Emecé e a cargo de Jakob Hermelin, edicións da Divina Comedia, Hamlet, Don  Quixote; i en Losada o Tratado de la pintura de Leonardo da Vinci e La divina proporción de Luca Pacioli. Achegas novedosas son tamén as visións fotográficas que Horacio Coppola fai de Bos Aires e no libro Huacos das culturas chancay e chimú. 
Pero sobre todo podemos repasar a enorme aportación gráfica de Luis Seoane, con tapas que son verdadeiras xoias artísticas, para as coleccións Dorna, (con títulos como De catro a catro, Queixumes dos pinos, En las orillas del Sar...), para os estudos antropolóxicos e da cultura popular  das coleccións Buen aire  e Mar dulce; fito xa fundamental  é Homenaje a la Torre de Hércules, da Editorial Nova, que foi considerado o millor libro da década 1935-1945. Como salienta Seoane, moitos dos logros atinxidos nos gravados e debuxos de ilustración dos talleres gráficos, serán logo grandes aportacións para o enriquecimento da pintura e a escultura.
 

Cómo se imprime un libro
Comentarios