Xuramentos

 toma de posesión das actas dos deputados, mulleres e homes do Parlamento español, máis que unha cerimonia importante, pareceu un concurso de incongruencias, pois cada quen xurou ou prometeu o que quixo, ao seu xeito. Semellaba que se trataba de ver quen sacaba a frase máis enxeñosa ou a que máis puidera molestar, facendo do acto aquel unha especie de circo da linguaxe. Coido que debería haber unha forma concisa e concreta de xurar ou prometer calquera cargo; e pois que a ninguén se lle obriga a aceptar ese cargo, o xeito da promesa ou xuramento, debería ser tan inherente a el como o soldo que o acompaña, que ese si se recibe de xeito concreto. Ou non? Outra cousa é poñer unha nota de humor como na toma de posesión dos diferentes Ministerios, na que dúas Ministras quixeron deixar constancia da súa condición de mulleres, cousa que era ben notoria. Mais, o seu xuramento de gardar segredo, quedará só supeditado ao que falen entre elas todas as mulleres Ministras? Quen sabe!! 

Xuramentos

Te puede interesar