Xaque ao rei

aréceme que as circunstancias do Parlamento Español teñen certa semellanza cunha partida de xadrez, non sendo que, nese apaixonante xogo enfróntanse dous reis e, no Parlamento, seica hai algúns, que queren ser “reis” e non atopan mellor medio que atacar covardemente a El Rei verdadeiro, que non é parlamentario e non pode defenderse. En calquera caso, tanto no xadrez como no parlamento, búscase a caída dun rei, para tirar algún proveito, vitoria deportiva nun caso, ou vitoria de intereses espurios noutro. Esta maneira de comportarse define a catadura moral dos atacantes, que sen arriscar nada, fachendean da súa intelixencia e valentía, dando unha pobre imaxe súa e da xente que os votou, que rematarán por se avergoñar deles, porque, se fosen verdadeiros demócratas, tentarían acadar os seus obxectivos con educación e dentro das normas legais. Mais coido eu que non se trata de Monarquía ou República, senón de quen manda e onde manda. Claro que, se cadra, estou nun erro, non si? 

Xaque ao rei

Te puede interesar