Vai de fútbol

Agora que rematou o europeo e que xa se escribiu case todo, quero expoñer a miña opinión. Primeiro, coido que Portugal foi un xusto gañador, xa que ninguén foi quen de vencela en todo o campionato. Segundo, penso que España non fixo un mal papel, dentro da falta xeral de calidade futbolística; caeu ante a potente Italia e mesmo puido gañar. E terceiro, entendo que houbo un fallo grave do seleccionador, pois contra Croacia, coa clasificación asegurada, debería ter cambiado os once xogadores; así contentaba aos suplentes e descansaban os titulares moi cargados de partidos. Agora comeza unha nova etapa, na que é necesario facer profundos cambios de todo o sistema, porque o que hai xa non serve. E hai que elixir ben, con un novo presidente e un bo equipo, que sexan quen de conseguir que España volva a ser respectada en Europa e máis aló. E que ninguén se asuste, estamos a falar de fútbol e, como dixo aquel “filósofo”, “fútbol es fútbol”. Que grande verdade, non si?

Vai de fútbol

Te puede interesar