Utopía política

Facendo un compendio das opinións de varios autores sobre o sistema político chamado Democracia, poderíase chegar a unha definición que recollese varios daqueles significados e que, podería ser máis ou menos así: “Democracia é, o entendemento e respecto entre gobernantes e gobernados, cunha harmonía social acordada e sustentable, baseada na crítica construtiva achegadora de ideas e, a concordancia de sentimentos sobre temas básicos que poderían estar recollidos nunha declaración de principios ou sexa, nunha Constitución”. Se matinamos sobre este tema, chegaremos á conclusión de que este precepto é practicamente imposible de acadar, a lo menos co actual nivel cultural popular, non só en España, senón en calquera país do mundo. É dicir, que a Democracia é unha utopía, ou sexa, segundo o noso dicionario, “o obxectivo final e ideal ó que adoita tender toda idea política”. E o que parece claro é que, a chulería e a soberbia, non teñen cabida nun sistema democrático. Non é?

Utopía política

Te puede interesar